martes, 9 de diciembre de 2014

Ven os gatos e os cans en branco e negro?

A resposta a esta pregunta non é fácil, non obstante, a través de estudos comparativos si se puido chegar a certos supostos acerca da súa visión.
A función visual é o resultado dunha combinación de factores que inclúen: o campo visual, a percepción de profundidade (habilidade para medir distancias), agudeza (habilidade para enfocar) percepción de movemento e diferenciación da cor. Todos estes aspectos deben ser procesados polo cerebro para dar lugar á visión.
Aínda que comunmente se pensa que os cans e gatos só ven en branco e negro, recentes evidencias suxiren que poden ter certo grao de visión útil das cores. A percepción da cor está determinada pola presenza dos conos, uns fotorreceptores da retina que se estimulan en condicións de iluminación intensa e que representan aproximadamente o 20% das neuronas fotorreceptoras na retina central do can. En humanos, a retina central (mácula) é 100% de conos.
Determinados tests de comportamento e probas de estimulación da retina a diferentes lonxitudes de onda, suxiren que os cans e os gatos poden distinguir a cor vermella e azul, pero a miúdo confunden verde e vermello. Básicamente poderíase dicir que teñen visión dicromática, fronte á visión tricromática das persoas. Polo tanto, podemos concluír que a crenza de que estes animais só ven en branco e negro non é máis que iso, unha crenza. 


Visión normal en seres humanos
Visión dunha persoa. 


Visión limitada en perros y gatos
Visión dun can ou gato.