miércoles, 25 de marzo de 2015

Un neno atopa restos dun dinosauro ata agora descoñecido.

Un novo dinosauro de finais do período Xurásico, Chilesaurusdiegosuarezi, ten soprendidos aos paleontólogos pola súa estraña anatomía. O animal, descuberto ao sur de Chile na localidade deAysén, identificouse como unha especie primitiva de terópodo que, excepcionalmente, era herbívoro. O seu nome fai referencia á súa procedencia xeográfica e a Diego Suárez, un neno de sete anos que encontrou o primeiro óso. 

«Achamos numerosos esqueletos, moitos deles bastante completos, dun novo dinosauro herbívoro do tamaño dun cabalo pequeno. Os seus restos foron descubertos ao sur da Patagonia chilena, en rochas formadas hai uns 145 millóns de anos,» explica a Sinc Fernando Novas, autor principal do estudo no Museo Arxentino de Ciencias Naturais B. Rivadavia en Bos Aires.

Un niño encuentra un dinosaurio con cuerpo de puma y manos de T-Rex


Chilesaurus é un dos dinosauros máis estraños descuberto ata agora. Pertence á liñaxe dos terópodos, grupo que inclúe aos famosos carnívoros como Velociraptor, Carnotaurus eTyrannosaurus. Non obstante, este exemplar ten o cranio pequeno, un pico córneo e os dentes en forma de espátula. Estas características revelan que Chilesaurus posuía unha dieta completamente herbívora.

«Os seus brazos eran robustos, pero as mans só posuían dous dedos bastante curtos que remataban en poutas lixeiramente curvas, polo que non usaba as súas mans para capturar animais. Podería describirse a este dinosauro como un puma con cabeza de guanaco e mans atrofiadas como as dun T.rex», engade Novas. A súa cadeira recorda á dos dinosauros ornitisquios, de hábitos estritamente herbívoros, e os pés -anchos e provistos de catro dedos- son moi similares aos dinosauros máis primitivos coñecidos.

Chilesaurus non pertence a ningún dos grupos de dinosauros terópodos previamente descritos, senón que constitúe o primeiro representante dunha liñaxe ata agora descoñecida para a ciencia. Ademais, é o primeiro dinosauro do período Xurásico coñecido ata o momento en Chile, e representa un de dinosauros terópodomellor documentados do hemisferio sur.

miércoles, 18 de marzo de 2015

O amor afecta ao cerebro.

Un equipo de investigadores chineses e estadounidenses descubriu como ter unha relación romántica produce alteracións na arquitectura do cerebro.

Segundo publican na revista Frontiers in Human Neuroscience, a persoa namorada ten unha maior conectividade entre as rexións do cerebro asociadas coa recompensa, a motivación, a regulación da emoción e a cognición social. «O estudo proporciona a primeira evidencia empírica de alteracións relacionadas co amor na arquitectura funcional do cerebro», sinala o autor principal da investigación.

Para chegar a esta conclusión, o equipo utilizou técnicas de neuroimaxe, en concreto imaxes de resonancia magnética funcional para examinar as diferenzas nos patróns de conectividade cerebral en cen estudantes universitarios. Os voluntarios dividíronse en tres grupos: os que estaban namorados, os que tiñan deixaran de estalo e os solteiros.
Os investigadores encontraron no grupo dos namorados un aumento da actividade cerebral en repouso nunha zona chamada cortex do cíngulo anterior do hemisferio esquerdo, o que suxire que este área do cerebro está moi relacionada co estado de namoramento.

Enamorarse provoca cambios en el cerebro

Sen embargo, a actividade cerebral noutra área na profundidade dos hemisferios cerebrais, o núcleo caudado bilateral, reduciuse significativamente no grupo dos que deixaran de estar namorados. Esta estrutura do cerebro está asociada coa detección de recompensas, a expectativa, a representación dos obxectivos e a integración da información sensorial.

Curiosamente, os investigadores tamén encontraron nos namorados unha maior conectividade entre o cortex do cíngulo anterior do hemisferio esquerdo con outras estruturas como o núcleo caudado, o núcleo accumbens ou a illa, unha rede cerebral asociada igualmente coa recompensa, a motivación e a regulación emocional.

Segundo explican os investigadores, o aumento da conectividade nestas rexións do cerebro pode ser o resultado dos esforzos frecuentes dos namorados para controlar o seu propio estado emocional, así como o estado emocional do seu amante, e axustar estratexias cognitivas para resolver conflitos co fin de manter a súa relación romántica.

Ademais, o grupo namorado mostrou unha maior conectividade entre numerosas estruturas relacionadas coa cognición social. «Estes resultados botan luz sobre os mecanismos neurofisiolóxicos subxacentes do amor romántico mediante a investigación da actividade cerebral», subliñan os investigadores.

martes, 10 de marzo de 2015

Por que o consumo de cannabis aumenta o apetito?

Científicos da Universidade de Yale investigan o motivo do impulso incontrolable de comer despois de consumir marihuana. Para isto, propuxeron controlar os circuítos cerebrais que promoven a fame manipulando selectivamente a vía celular que media a acción da marihuana no cerebro mediante o uso de ratos transxénicos.
Ao observar como o centro do apetito do cerebro responde á marihuana foron capaces de ver o que impulsaba a fame provocada polo cannabis e como ese mesmo mecanismo que normalmente se apaga durante a alimentación se converte nun catalizador para comer. É dicir, encontraron que as neuronas responsables de apagar a alimentación, de súpeto estaban activadas promovendo a fame, mesmo cando se estaba satisfeito de comida. Noutras palabras o cannabis engana ao sistema de alimentación central do cerebro.

Ademais de axudar a explicar o "baixón da fame" produto do consumo de cannabis os novos achados poderían proporcionar outros beneficios, como axudar a pacientes con enfermidades relacionadas coa alimentación e o apetito.
Neste traballo descubriron que un grupo de células nerviosas chamadasproopiomelanocortina (POMC), son consideradas as neuronas claves para diminuír de comer cando se estea cheo. O comportamento de alimentación impulsado por estas neuronas é só un modo de acción que implica a sinalización polo receptor decanabinoides (CB1R) cando se consume esta droga.

martes, 3 de marzo de 2015

As persoas que non consumen carne contaminan a metade.

Os beneficios do vexetarianismo son un feito, pero ata agoras limitábanse á persoa que practicaba este estilo de vida. Non obstante, unha nova investigación da Universidade de Oxford revela que as vantaxes deste tipo de dieta teñen un impacto no medio, fenómeno que afecta á poboación mundial. O estudo afirma que as emisións de CO2 dos vexetarianos son un 50% menos que as dos que consumen carne a diario.
O estudo analiza o impacto que o veganismo xera no medio e os resultados son mesmo mellores que os obtidos co vexetariano, xa que os veganos xeran a terceira parte dos efectos do quentamento global con respecto aos que consumen carne. Esta diferenza débese, de acordo á investigación, a que a produción de alimentos vexetais supón unha redución das emisións de CO2 notoria con respecto á gandaría.


Investigadores de Oxford analizaron as dietas actuais de 29.589 carnívoros, 15.751 vexetarianos, 8.123 pescatarianos (vexetarianos que consumen peixe) e 2.041 veganos británicos de entre 20 e 79 anos. Así, puideron calcular as emisións de gases asociadas aos alimentos de cada tipo de dieta.

Os resultados indicaron que a dieta baseada en carnes en Reino Unido xera o equivalente a 7.30 kg de dióxido de carbono por día. O estudo define a esta dieta de alto consumo de carnes como aquela que supón polo menos 1 kg de carne por día.
O estudo tamén revelou que as dietas vexetarianas, por contraste, xeran un equivalente de 3,7 kg de dióxido de carbono, menos da metade. Así mesmo, as dietas veganas reducen aínda máis as emisións, a 2,8kg. Isto supón que se reduce aproximadamente nun 60% con respecto ás alimentacións carnívoras.


Entre as sorpresas develadas pola investigación encontramos o feito de que a dieta pescatariana ten un impacto ambiental apenas maior á vexetariana, un 2,5%. Ademais, a diferenza entre os que consumen moita carne e os que comen menos cantidade é máis importante da que se produce entre o segundo e un vexetariano. Isto implica que comer menos carne pode ter unha redución significativa no impacto ambiental.
Así mesmo, o equipo analizou cales son os alimentos que producen a maior contaminación (a partir da emisión de CO2 por quilogramo de produto), e realizou un ranking. Á cabeza encóntrase a carne bovina, con 68,8kg de CO2 por kg, seguido pola carne de cabra e de cordeiro, con 64,2kg de emisións. Entrementres, por exemplo, as bebidas alcohólicas xeran 3,3 kg de emisións por cada kg de bebida.