martes, 3 de marzo de 2015

As persoas que non consumen carne contaminan a metade.

Os beneficios do vexetarianismo son un feito, pero ata agoras limitábanse á persoa que practicaba este estilo de vida. Non obstante, unha nova investigación da Universidade de Oxford revela que as vantaxes deste tipo de dieta teñen un impacto no medio, fenómeno que afecta á poboación mundial. O estudo afirma que as emisións de CO2 dos vexetarianos son un 50% menos que as dos que consumen carne a diario.
O estudo analiza o impacto que o veganismo xera no medio e os resultados son mesmo mellores que os obtidos co vexetariano, xa que os veganos xeran a terceira parte dos efectos do quentamento global con respecto aos que consumen carne. Esta diferenza débese, de acordo á investigación, a que a produción de alimentos vexetais supón unha redución das emisións de CO2 notoria con respecto á gandaría.


Investigadores de Oxford analizaron as dietas actuais de 29.589 carnívoros, 15.751 vexetarianos, 8.123 pescatarianos (vexetarianos que consumen peixe) e 2.041 veganos británicos de entre 20 e 79 anos. Así, puideron calcular as emisións de gases asociadas aos alimentos de cada tipo de dieta.

Os resultados indicaron que a dieta baseada en carnes en Reino Unido xera o equivalente a 7.30 kg de dióxido de carbono por día. O estudo define a esta dieta de alto consumo de carnes como aquela que supón polo menos 1 kg de carne por día.
O estudo tamén revelou que as dietas vexetarianas, por contraste, xeran un equivalente de 3,7 kg de dióxido de carbono, menos da metade. Así mesmo, as dietas veganas reducen aínda máis as emisións, a 2,8kg. Isto supón que se reduce aproximadamente nun 60% con respecto ás alimentacións carnívoras.


Entre as sorpresas develadas pola investigación encontramos o feito de que a dieta pescatariana ten un impacto ambiental apenas maior á vexetariana, un 2,5%. Ademais, a diferenza entre os que consumen moita carne e os que comen menos cantidade é máis importante da que se produce entre o segundo e un vexetariano. Isto implica que comer menos carne pode ter unha redución significativa no impacto ambiental.
Así mesmo, o equipo analizou cales son os alimentos que producen a maior contaminación (a partir da emisión de CO2 por quilogramo de produto), e realizou un ranking. Á cabeza encóntrase a carne bovina, con 68,8kg de CO2 por kg, seguido pola carne de cabra e de cordeiro, con 64,2kg de emisións. Entrementres, por exemplo, as bebidas alcohólicas xeran 3,3 kg de emisións por cada kg de bebida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario