miércoles, 18 de marzo de 2015

O amor afecta ao cerebro.

Un equipo de investigadores chineses e estadounidenses descubriu como ter unha relación romántica produce alteracións na arquitectura do cerebro.

Segundo publican na revista Frontiers in Human Neuroscience, a persoa namorada ten unha maior conectividade entre as rexións do cerebro asociadas coa recompensa, a motivación, a regulación da emoción e a cognición social. «O estudo proporciona a primeira evidencia empírica de alteracións relacionadas co amor na arquitectura funcional do cerebro», sinala o autor principal da investigación.

Para chegar a esta conclusión, o equipo utilizou técnicas de neuroimaxe, en concreto imaxes de resonancia magnética funcional para examinar as diferenzas nos patróns de conectividade cerebral en cen estudantes universitarios. Os voluntarios dividíronse en tres grupos: os que estaban namorados, os que tiñan deixaran de estalo e os solteiros.
Os investigadores encontraron no grupo dos namorados un aumento da actividade cerebral en repouso nunha zona chamada cortex do cíngulo anterior do hemisferio esquerdo, o que suxire que este área do cerebro está moi relacionada co estado de namoramento.

Enamorarse provoca cambios en el cerebro

Sen embargo, a actividade cerebral noutra área na profundidade dos hemisferios cerebrais, o núcleo caudado bilateral, reduciuse significativamente no grupo dos que deixaran de estar namorados. Esta estrutura do cerebro está asociada coa detección de recompensas, a expectativa, a representación dos obxectivos e a integración da información sensorial.

Curiosamente, os investigadores tamén encontraron nos namorados unha maior conectividade entre o cortex do cíngulo anterior do hemisferio esquerdo con outras estruturas como o núcleo caudado, o núcleo accumbens ou a illa, unha rede cerebral asociada igualmente coa recompensa, a motivación e a regulación emocional.

Segundo explican os investigadores, o aumento da conectividade nestas rexións do cerebro pode ser o resultado dos esforzos frecuentes dos namorados para controlar o seu propio estado emocional, así como o estado emocional do seu amante, e axustar estratexias cognitivas para resolver conflitos co fin de manter a súa relación romántica.

Ademais, o grupo namorado mostrou unha maior conectividade entre numerosas estruturas relacionadas coa cognición social. «Estes resultados botan luz sobre os mecanismos neurofisiolóxicos subxacentes do amor romántico mediante a investigación da actividade cerebral», subliñan os investigadores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario