martes, 27 de enero de 2015

Un interface permite conectar un ordenador ao cerebro.

A idea de poder crear unha interface que permita conectar o cerebro humano a un ordenador leva anos reflexada en películas de ciencia ficción coma Matrix. Agora, investigadores do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts concibiron unhas novas fibras máis delgadas que un cabelo que poderían convertelo nunha realidade.

Matrix en la vida realOs investigadores aseguran que o seu sistema podería enviar sinais ópticos e fármacos directamente ao cerebro, así como captar información a través de impulsos eléctricos para controlar continuamente os efectos dos distintos estímulos.

"Estamos a construír as interfaces neuronais que van interactuar cos tecidos dun xeito máis orgánico que os dispositivos que se utilizaron anteriormente", explicou Polina Anikeeva, profesora asistente de ciencias dos materiais e enxeñaría do MIT.

A complexidade do cerebro humano fai que sexa extremadamente difícil estudalo, non só polo seu tamaño, senón tamén pola variedade de métodos de sinalización que utiliza simultáneamente.

As sondas neurais convencionais están deseñadas para captar un só tipo de sinalización, o que limita a información que pode derivar do cerebro nun momento determinado.

Non obstante, co uso destas novas fibras mesmo se poderían crear mapas precisos das respostas que xeran as diferentes rexións do cerebro ou a medula espiñal, agrega Anikeeva, o que en última instancia tamén pode dar lugar a dispositivos de longa duración para o tratamento da enfermidade de Parkinson, por exemplo.

sábado, 24 de enero de 2015

Un volcán en Nicaragua podería determinar se hai vida en Marte.

Científicos estadounidenses estudarán ao longo de tres días consecutivos as similitudes do volcán Cerro Negro, situado en Managua (Nicaragua), coas de Marte. Cre que o efecto desta investigación podería desentrañar se hai vida no planeta vermello.

Cerro Negro Volcano Crater Nicaragua August 2011.jpg"Con estes estudos queremos saber se hai vida en Marte. Hai procesos similares, como vapores, polo que estamos a realizar estudos xeolóxicos e da auga", cita 'O Universal', a Diana Parios, membro do equipo de investigación.

O chan rico en sulfato foi descuberto en moitas áreas de Marte e en moitos casos este mineral foi xerado pola erosión das rochas ígneas ao longo de 1.000 millóns de anos a partir do nacemento do planeta. Este análogo asombroso de sulfato acido tamén foi encontrado no basalto do volcán Cerro Negro.
Infórmase que o equipo levará a cabo estudos xeolóxicos, da auga e mesmo dunhas bacterias co obxectivo de detectar que outras similitudes garda o volcán co planeta vermello.

miércoles, 14 de enero de 2015

Inusual e simétrico anel de diamantes observado no ceo.

Utilizando o telescopio VLT (Very Large Telescope) do Observatorio Europeo Austral en Chile, un equipo de astrónomos captou a rechamante imaxe que creou o encontro entre a nebulosa planetariaPN A66 33 e unha estrela. O resultado é unha especie de anel de 'diamantes' inusualmente simétrico, segundo apuntaron os expertos, que aparece no ceo con perfecta forma circular.

A maior parte das estrelas con masas similares á do Sol rematan as súas vidas como ananas brancas, corpos pequenos, quentes e moi densos que se arrefrían moi devagar ao longo de miles de millóns de anos. No camiño cara á fase final das súas vidas as estrelas lanzan ao espazo as súas atmosferas e crean nebulosas planetarias, coloridas nubes brillantes de gas.



Nesta imaxe pódese ver unha nebulosa planetaria asombrosamente redonda, situada a uns 2.500 anos luz da Terra. Ser tan perfectamente redonda é pouco común nestes obxectos, xa que normalmente algo perturba a simetría, facendo que acabe adquirindo formas irregulares.

A fotografía capta como a refulxente estrela situada no bordo de PNA66 33 crea esta fermosa visión. Trátase tan só dun aliñamento casual. A estrela, chamada HD 83535, encóntrase en primeiro plano, fronte á nebulosa, a medio camiño entre a Terra e a PN A66 33, xusto no lugar adecuado para embelecer aínda máis a imaxe.

No interior da nebulosa, visible como unha diminuta perla branca e lixeiramente descentrada, vese o remanente da estrela proxenitora da nebulosa no proceso de transformarse nunha anana branca. Aínda brilla (é aínda máis luminosa que o Sol) e emite a suficiente cantidade de radiación ultravioleta como para facer que resplandeza a burbulla de atmosferas expulsadas ao espazo.

PN A66 33 é tan só un dos 86 obxectos incluídos no Catálogo de Nebulosas Planetarias creado por George Abell en 1966. Abell tamén rastrexou o ceo en busca de cúmulos de galaxias, recompilando o catálogo, cuns 4.000 cúmulos, tanto no hemisferio norte coma no hemisferio sur do ceo.