viernes, 31 de octubre de 2014

Marihuana no tratamento contra o alzheimer.

Investigacións sobre o Alzheimer mostraron que dosis moi baixas de THC  reducen a produción de beta-amiloide, que se encontra en forma soluble na maioría dos cerebros que envellecen. A marihuana evita a acumulación anormal desta proteína, impedindo así a privación da memoria. As baixas concentracións de THC tamén melloraron selectivamente a función mitocondrial, que é necesaria para axudar ao suministro de enerxía, a transmisión de señales e manter un cerebro saudable.



O THC é coñecido por ser un potente antioxidante con propiedades neuroprotectoras, pero este é o primeiro informe que mostra que o composto afecta directamente á patoloxía de Alzheimer.
A disminución nos niveles de beta amiloide significa menos agregación, que pode protexer contra a progresión da enfermidade. Tendo en conta que o THC é un inhibidor de amiloide natural e relativamente seguro, os seus análogos poden axudar a crear un tratamento eficaz no futuro.
Según sinalaron os investigadores, os seus beneficios terapéuticos prevalecen sobre os riscos asociados á súa toxicidade e ao deterioro da memoria.





viernes, 24 de octubre de 2014

As dúas familias de cometas de Beta Pictoris.



Beta Pictoris é unha estrela xoven, duns 20 millóns de anos, que está situada a 63 anos luz do Sistema Solar. Ten un gran disco de materia ao seu arredor e un planeta xigante conocido en órbita, ademáis de polo menos 493 cometas no seu entorno que foron estudiados por un equipo de astrónomos. Estes descubriron que son de dúas familias claramente diferenciadas: os vellos cometas, que pasaron xa moitas veces cerca da estrela e os máis activos, que deberon producirse recentemente debido á fractura dun maior. Este é o censo máis completo de cometas arredor doutra estrela que se realizou ata agora, segundo afirma o Observatorio Europeo Astral.


Beta Pictoris





Para chegar a estes resultados, os astrónomos analizaron os datos de máis de un millar de observacións de posibles cometas no periodo de oito anos co instrumento HARPS.
O próximo ano iniciarase un novo proxecto científico para buscar exocometas en varias estrelas, como Alpha Centauri (a catro anos luz de distancia) dende o observatorio de La Silla, en Chile.


Buscador de Planetas por Velocidad Radial de Alta Precisión (HARPS). 











viernes, 17 de octubre de 2014

O primeiro tren de levitación magnética xaponés.

O Goberno xaponés deu este venres o visto bo ao proxecto da operadora ferroviaria Central Japan Railway, consistente na construcción para o ano 2027 da primeira liña operada por un tren de levitación magnética neste país. Este tren alcanzará os 600 km/h e unirá as cidades de Tokio e Nagoya, un traxecto de 286 kilómetros se completará en aproximadamente 40 minutos no lugar dos 88 que se tarda actualmente no servicio de alta velocidade Shinkansen.




Os trens Maglev funcionan a través dun sistema de levitación magnética que usa motores lineales instalados cerca dos raíles.
O campo magnético permite ao tren elevarse ata 10 centímetros por encima dos raíles, favorecendo a velocidade ao eliminar o contacto e deixar ao aire como único elemento de rozamento.
Este proxecto terá un custo estimado de 9 billóns de yenes (66.600 millóns de euros).







jueves, 16 de octubre de 2014

As células nai e a cegueira.

Dende fai anos crese que as células nai poderán curar enfermedades rexerando órganos danados polos infartos, o alzhéimer ou a diabetes. Por agora esto segue sin ser posible. Sen embargo, un estudo financiado pola empresa estadounidense Advanced Cell Technology aporta hoxe un dos primeiros exemplos de como estas células poden revertir unha enfermidade incurable, devolvendo a visión a persoas cegas e mellorando a vista a pacientes que ata agora levaban unha vida limitada debido a serias discapacidades relacionadas ca visión. 
En total tratáronse a dezaoito persoas que padecían dúas enfermidades da retina, ambas incurables. Son a causa máis común de cegueira nos países desenvolvidos, afectando a máis de 40.000.000 de persoas no mundo.
O potencial destas células para a mediciña non é novo. Fai máis de trinta anos que se fala dos seus posibles usos, pero facelo realidade resultou ser moito máis difícil por dous motivos: primeiro, pola posibilidade de rechazo e tumores e, en segundo lugar, polo alto número de células nai necesarias para tratar todo un órgano e a polémica e restriccións políticas ao seu uso que se impuxeron en países como Estados Unidos, donde non se utilizan fondos gubernamentais para estas investigacións. 
O ensaio centrouse en rexenerar células da retina, a parte interna do ollo onde se proxectan as imaxes. Os pacientes sufrían dous tipos de lesións que, ben por cousas hereditarias ou polo deterioro asociado ca idade, facían que perdesen unhas células claves para que o ollo capte a luz, forme unha imaxe e a mande ao cerebro en forma de impulso nervioso. 
Para reemplazar as células perdidas, o equipo tomou células nai de embrións e convertiunas en epitelio pigmentario retinal, o tipo de células que estaban provocando os problemas de visión dos pacientes. A todos eles se lles inxectaron as células na retina do ollo co que peor vían, mentres que o outro non recibiu tratamento.  
Das 18 persoas tratadas, 10 experimentaron melloras sustantivas na visión, sete melloraron moderadamente ou quedaron estables e unha sufriu pérdida de visión.