jueves, 16 de octubre de 2014

As células nai e a cegueira.

Dende fai anos crese que as células nai poderán curar enfermedades rexerando órganos danados polos infartos, o alzhéimer ou a diabetes. Por agora esto segue sin ser posible. Sen embargo, un estudo financiado pola empresa estadounidense Advanced Cell Technology aporta hoxe un dos primeiros exemplos de como estas células poden revertir unha enfermidade incurable, devolvendo a visión a persoas cegas e mellorando a vista a pacientes que ata agora levaban unha vida limitada debido a serias discapacidades relacionadas ca visión. 
En total tratáronse a dezaoito persoas que padecían dúas enfermidades da retina, ambas incurables. Son a causa máis común de cegueira nos países desenvolvidos, afectando a máis de 40.000.000 de persoas no mundo.
O potencial destas células para a mediciña non é novo. Fai máis de trinta anos que se fala dos seus posibles usos, pero facelo realidade resultou ser moito máis difícil por dous motivos: primeiro, pola posibilidade de rechazo e tumores e, en segundo lugar, polo alto número de células nai necesarias para tratar todo un órgano e a polémica e restriccións políticas ao seu uso que se impuxeron en países como Estados Unidos, donde non se utilizan fondos gubernamentais para estas investigacións. 
O ensaio centrouse en rexenerar células da retina, a parte interna do ollo onde se proxectan as imaxes. Os pacientes sufrían dous tipos de lesións que, ben por cousas hereditarias ou polo deterioro asociado ca idade, facían que perdesen unhas células claves para que o ollo capte a luz, forme unha imaxe e a mande ao cerebro en forma de impulso nervioso. 
Para reemplazar as células perdidas, o equipo tomou células nai de embrións e convertiunas en epitelio pigmentario retinal, o tipo de células que estaban provocando os problemas de visión dos pacientes. A todos eles se lles inxectaron as células na retina do ollo co que peor vían, mentres que o outro non recibiu tratamento.  
Das 18 persoas tratadas, 10 experimentaron melloras sustantivas na visión, sete melloraron moderadamente ou quedaron estables e unha sufriu pérdida de visión. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario