viernes, 31 de octubre de 2014

Marihuana no tratamento contra o alzheimer.

Investigacións sobre o Alzheimer mostraron que dosis moi baixas de THC  reducen a produción de beta-amiloide, que se encontra en forma soluble na maioría dos cerebros que envellecen. A marihuana evita a acumulación anormal desta proteína, impedindo así a privación da memoria. As baixas concentracións de THC tamén melloraron selectivamente a función mitocondrial, que é necesaria para axudar ao suministro de enerxía, a transmisión de señales e manter un cerebro saudable.



O THC é coñecido por ser un potente antioxidante con propiedades neuroprotectoras, pero este é o primeiro informe que mostra que o composto afecta directamente á patoloxía de Alzheimer.
A disminución nos niveles de beta amiloide significa menos agregación, que pode protexer contra a progresión da enfermidade. Tendo en conta que o THC é un inhibidor de amiloide natural e relativamente seguro, os seus análogos poden axudar a crear un tratamento eficaz no futuro.
Según sinalaron os investigadores, os seus beneficios terapéuticos prevalecen sobre os riscos asociados á súa toxicidade e ao deterioro da memoria.





No hay comentarios:

Publicar un comentario