«Achamos numerosos esqueletos, moitos deles bastante completos, dun novo dinosauro herbívoro do tamaño dun cabalo pequeno. Os seus restos foron descubertos ao sur da Patagonia chilena, en rochas formadas hai uns 145 millóns de anos,» explica a Sinc Fernando Novas, autor principal do estudo no Museo Arxentino de Ciencias Naturais B. Rivadavia en Bos Aires.
Chilesaurus é un dos dinosauros máis estraños descuberto ata agora. Pertence á liñaxe dos terópodos, grupo que inclúe aos famosos carnívoros como Velociraptor, Carnotaurus eTyrannosaurus. Non obstante, este exemplar ten o cranio pequeno, un pico córneo e os dentes en forma de espátula. Estas características revelan que Chilesaurus posuía unha dieta completamente herbívora.
«Os seus brazos eran robustos, pero as mans só posuían dous dedos bastante curtos que remataban en poutas lixeiramente curvas, polo que non usaba as súas mans para capturar animais. Podería describirse a este dinosauro como un puma con cabeza de guanaco e mans atrofiadas como as dun T.rex», engade Novas. A súa cadeira recorda á dos dinosauros ornitisquios, de hábitos estritamente herbívoros, e os pés -anchos e provistos de catro dedos- son moi similares aos dinosauros máis primitivos coñecidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario