viernes, 20 de febrero de 2015

Nova cepa do VIH propagándose por Cuba.


Unha nova cepa do VIH nalgúns pacientes en Cuba parece ser moito máis agresiva e pode desenvolver a SIDA dentro dos tres anos da infección. Os investigadores dixeron que a progresión acontece tan rápido que o tratamento con fármacos antirretrovirais pode chegar demasiado tarde.
Sen tratamento, a infección polo VIH polo xeral tarda entre 5 a 10 anos para desenvolver a SIDA. Segundo o estudo, publicado na revista EBioMedicine, os autores foron alertados da nova cepa agresiva de VIH por parte de funcionarios da saúde cubanos que querían saber que estaba a pasar.
Ningún dos pacientes recibira tratamento para o virus, e todos os pacientes infectados coa cepa mudada do VIH desenvolveron a SIDA dentro dos tres anos.

A rápida progresión do VIH a SIDA é xeralmente o resultado dun sistema inmunolóxico débil do paciente máis o subtipo particular de VIH circulante, o que está a pasar en Cuba é diferente.
En Cuba encontraron unha variante do VIH que encontramos só no grupo que foi progresando rápido e non nos outros dous grupos. Analizando esta variante viron que se trataba dunha recombinante de tres subtipos diferentes.
A nova variante, chamada CRF19, é unha combinación de subtipos do VIH A, D e G.
O VIH normalmente infecta as células uníndose ao que se chama un co-receptor, e a transición cara á SIDA polo xeral acontece cando o virus, despois de moitos anos, cambia de co-receptor (CCR5 por CXCR4). A nova cepa fai este cambio de co-receptor moito máis rápido.
A variante non é nova e xa se observara en África, pero en moi poucos casos fora estudado a fondo. Os investigadores dixeron que a cepa é máis estendida en Cuba. Hai que recordar que Cuba mantén un grande intercambio con numerosos países de África o que pode explicar a alta incidencia desta cepa na illa.
Mentres que a forma agresiva de VIH responde á maioría dos medicamentos antirretrovirais, as persoas non se decatan que teñen SIDA ata que é demasiado tarde para que o tratamento poida ter éxito. Os autores sinalaron que é vital para as persoas que teñen relacións sexuais sen protección con múltiples parellas facerse a proba de VIH temperán e con frecuencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario