viernes, 13 de febrero de 2015

Os cans distinguen os nosos estados de ánimo.

Os cans habituados aos seres humanos poden diferenciar entre as diversas expresións das persoas e non só dos seus donos, senón tamén de descoñecidos, aínda que por agora o misterio é se realmente entenden o significado destas, informan científicos austríacos na publicación Current Biology.

En estudos anteriores xa se constatara que os cans prestan unha especial atención ao rostro dos seres humanos e diferencian entre rostros de coñecidos e descoñecidos. Para estudar a percepción dos cans, os científicos da Universidade de Veterinaria de Viena mostráronlles aos animais a parte superior do rosto de persoas enfadadas ou alegres nunha pantalla táctil.
Algúns cans tiñan que recoñecer aos que estaban alegres, outros só os rostros anoxados e premiábaselles cando o facían ben. Posteriormente os animais tiñan que recoñecer esa mímica noutras imaxes. O obxectivo dos científicos era asegurarse que os animais non só se orientan vendo determinadas faccións como os ollos.

«O noso estudo demostra que os cans poden distinguir entre rostros de enfado ou alegres en persoas», explicou o autor da investigación Ludwig Huber. Ademais, existen indicios que apuntan que os cans consideran un rostro sorrinte como positivo e un xesto de anoxo como negativo.

Os cans que ao inicio recoñeceron rostros enfadados aprenderon moito máis lentamente, apuntou ademais o científico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario