jueves, 6 de noviembre de 2014

Crean un mecanismo que pode proxectar imaxes creadas polo subconsciente.

Os diseñadores británicos Richard Ramchurn e Jonathan McGrath concebiron un sistema de sensores para editar imaxes móviles nunha pantalla según as fluctuacións da actividade cerebral.

Desta forma, a película creada por medio deste mecanismo resulta ser unha proxección visual do subconsciente, onde se xeran os nosos soños.

AlbinoMosquito, o grupo de Ramchum e de McGrath baseado en Manchester que se especializa en creación de películas, videos musicais e deseño gráfico, organizou o proxecto #scanners, consistente en manipular unha instalación de arte dixital por medio das fluctuaciones da actividade cerebral. 

Actualmente o equipo está tratando de recaudar 3.500 esterlinas (5.600 dólares) no sitio Kickstarter. 

"O público pode proxectar os seus sentimentos na película que está mirando. A película terá secuencias de estruturas superpostas coa que se pode interaccionar", reza a descrición do proxecto en Kickstarter. 

"O obxectivo do proxecto é permitir que o público vexa e senta os seus soños físicamente", explicou Richard Ramchurn. 

Durante as probas do mecanismo, os voluntarios viron unha película curta con sensores pegados nas súas cabezas. "Como ocorre nun soño, non se pode controlar o que está pasando na pantalla", comentan os autores do proxecto. "O cerebro crea os sons e as imaxes, pero non se pode dirixilos, só experimentalos", din Ramchurn e McGrath. 

Ramchurn opina que en 10 ou 15 anos existirán mecanismos que poderán gravar e proxectar soños completos. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario