sábado, 8 de noviembre de 2014

É normal ter pesadelos?


"Ter pesadelos de cando en vez é normal, mesmo unha cada dous meses, pero se xa está a ter esta clase de sonos dúas veces por semana ou máis, vostede ten un problema".

Desta forma, Daniel Skenderian, médico estadounidense especialista en fisioloxía do sono, describiu que os pesadelos poden non ser un problema en si, se non máis ben un síntoma dun trastorno subxacente.
"Pode ser algún trauma posterior a un evento violento, unha morte, unha impresión moi grande, ou pode ser produto dunha desorde de ansiedade", aseverou Skenderian, "o principal aquí é encontrar cal é a causa. Se non se trata a causa, é moi difícil rematar os pesadelos".
O experto estadounidense recalcou que os pesadelos non sempre están relacionados directamente co evento sucedido, poden manifestarse como calquera forma de mal sono.
"Algúns sonos poden ser recordos constantes do que sucedeu, outros, poden ter calquera outro tipo de tema, pero o resultado é o mesmo: o paciente non ten calidade de sono", recalcou.
Para o especialista, normalmente nestes casos o problema non é tan difícil de resolver, pois unhas consultas cun psicólogo e, nalgúns casos, medicamentos, axudarán ao paciente a superar paulatinamente esta condición e sentirse mellor.
O tratamento é necesario, pois ter pesadelos moi seguido fai que a persoa teña sono durante todo o día, non teña a mesma capacidade de reacción, de coordinación nin de toma de decisións. Ademáis, o medo constante característico de malos sonos habituais fan que as persoas se atemoricen da simple idea de ir para a cama, o que tamén pode causarlles insomnio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario