jueves, 13 de noviembre de 2014

Muller afirma que curou o seu cancro seguindo unha dieta vegana.

Unha muller australiana á que os médicos lle dixeron hai nove anos que apenas lle quedaban uns meses de vida afirma que logrou curar o seu cancro simplemente seguindo unha dieta vegana.
Matheson xa era vexetariana cando comezou este tratamento especial, pero decidiu deixar de tomar azucre, café, alcohol, produtos lácteos, fermento e calquera alimento fermentado.

Máis adiante levou a cabo durante 28 días unha dieta a base de xugos, sopas e infusións para limpar o seu organismo. Despois decidiu seguir unha dieta composta nun 80% por alimentos crús. Tamén practicaba meditación e sinala que tiña sempre presentes pensamentos positivos. Aproximadamente un ano despois os doutores confirmáronlle que estaba libre de cancro.

Actualmente organiza seminarios xunto co seu marido. Ademais, recentemente publicou un libro sobre como consumir certos alimentos pode axudar a superar un cancro.
Non obstante, algúns oncólogos están en contra deste tipo de axudas.
"Obviamente estou contento de que estea ben, pero creo que todo o mundo ten que ter en conta todos os tratamentos que hai dispoñibles", sinalou o director executivo do Consello para o Cancro en Australia, Ian Olver.
"Ela contou a súa historia, e iso está moi ben, pero extrapolala e ir dicindo que a todo o mundo deberían esquecerse os tratamentos de cancro probados e cambiar de dieta é perigoso", recalcou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario